Un libro «Alfonso Ortega Prada, Memorias de un secretario do Concello de A Veiga en la II Republica»

Alfonso Ortega Prada fue un represaliado del franquismo. En Julio de 1936 era Secretario del Concello de A Veiga (Ourense) y de la Sociedad Agraria de Xares, adscrita a UGT. En representación del PSOE, formó parte del Comité de Defensa de la Republica que se organizó en aquel Ayuntamiento. En las memorias, ademas de relatar sus vivencias, Ortega nos acerca a la vida de una comarca de la Galicia rural e interior en los años previos a la explosión de la Guerra Civil y de lo que sucedió inmediatamente después, en aquellos pueblos y aldeas. Estamos delante de un relato corto pero intenso, que acaba mostrando a las personas, a los lugares, a los ambientes e incluso la tierra y al clima, conformando una estampa de aquella sociedad que interesa y conmueve.

Alfonso Ortega Prada (1902-1944), República e Socialismo
A Veiga, concello situado no leste da provincia de Ourense, no linde coa de Zamora, ten unha extensión de 291 quilómetros cadrados, o que a coloca coma un dos de maior superficie de Galiza. Pertencente ao partido xudicial de Valdeorras, as súas vintenove parroquias1 aglutinan a pouco máis de 1300 habitantes2 polo que a densidade de poboación, moi reducida, non supera os seis habitantes por quilómetro cadrado. Moi lonxe quedan os case 7000 cidadáns do que da conta o Censo de 1930.

É neste contexto xeográfico, A Veiga, e cronolóxico, a primeira metade da década dos anos trinta, onde sobresae a figura esquecida, coa excepción da súa familia, de Alfonso Ortega Prada, secretario da potente Sociedad Agraria de Xares, funcionario do concello veigués dende a formación da xestora municipal creada o 3 de marzo de 1936 froito do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro do mesmo ano, e, como remate, fuxido, perseguido e procesado en rebeldía por, xustamente, os rebeldes alzados en armas contra a legalidade democrática e constitucional encarnada na II República.

Esquecido coma milleiros de demócratas, Alfonso Ortega pertence moi ao seu pesar a esa interminábel nómina dos perdedores da Guerra Civil española que non aparecen nos libros de historia3. Agora, neste ano 2006 no que se cumpren setenta e cinco anos da proclama da II República e setenta do inicio do golpe de Estado que sumiu ao país na escuridade, o terror e a morte da que tardaría catro décadas en saír, recuperar o nome de Alfonso Ortega Prada, coma de tantos outros, supón unha obriga que permita dar pulo á consecución da xustiza histórica, unha reparación moral que impida que o seu sacrificio, non buscado, sexa descoñecido para, especialmente, as novas xeracións. Para que acontecementos como o 18 de xullo xamais volvan repetirse. Porque neste Ano da Memoria, sen odio nin xenreira, o pacto da desmemoria que iniciou a Transición debe rematar axiña. Sen odio, sen xenreira. Pero sabendo onde se atopaba cada quen.

Alfonso José Agustín Ortega Prada naceu o 17 de maio de 1902 en San Justo de Sanabria, Zamora. Os seus pais, José Ortega Pérez, de Cádavos, A Mezquita, e Resurrección Prada Alonso, de Sampil de Sanabria, no concello zamorano de Robleda, crearon unha familia numerosa de sete fillos, dos que dous morrerían a idade ben temperá. Alfonso, o primoxénito, estudou nun primeiro intre na Escola de Primeiras Letras de As Ermidas, Ourense, e máis tarde entraría no Seminario de Astorga, onde completaría os estudos ata a morte do pai, momento no que abandona o establecemento educativo. Será aquí onde nacerá a súa amizade con Clemente Vidal Fernández Lorenzo, futuro líder do PCE nos concellos da Gudiña e da Veiga e personaxe do que falaremos máis adiante. Unha amizade, por certo, que só rematará co asasinato de Fernández Lorenzo a mans de falanxistas da bisbarra valdeorresa a finais de novembro de 1936.

O 26 de novembro de 1926 Alfonso Ortega casou con Generosa Lorenzo Escuredo en Matarrosa del Sil, León, e desa unión nacerán seis fillos. Traballa no Bierzo levando o economato dunha empresa carbonífera ata o seu traslado a Madrid. En 1930 regresa a Galiza e convértese no representante comercial de casa Licores Méndez. Dous anos máis tarde remata a construción da súa casa en Xares, A Veiga, trasladándose a ela con toda súa familia.

Home culto e instruído, posuidor dunha ampla biblioteca da que se sentía especialmente orgulloso e que remataría queimada pola barbarie fascista tras o inicio da Guerra Civil, Ortega foi un socialista comprometido que viu na chegada da II República un tempo de cambio e de esperanza. O alzamento militar e a brutal represión conseguinte levouno ao monte, ripando dunha morte segura, onde tras dous anos de fuxida e tras adoptar unha identidade falsa logrou sobrevivir. Para entón, a súa casa fora pasto das chamas, a súa muller sufrira varias detencións para que aclarase o seu paradoiro, e a súa vida estaba arrasada. Incluso a súa nai, Resurrección, foi expulsada de Xares polos falanxistas sedentos de sangue.

Disfrazado de xornaleiro andará polas vilas, lonxe da Veiga, sobrevivindo como pode. Ata que en 1943, instalado en Toral de los Vados, tenta montar un serradoiro. Pero o 3 de xaneiro de 1944 Ortega diríxese a Brañuelas. No tren correo 421 que percorría Madrid ata A Coruña atopará a morte no accidente ferroviario máis grave da historia de España. O tren chocou dentro do túnel número 20 contra unha locomotora. RENFE admitiu 78 mortos e 75 feridos, pero algúns investigadores chegan a falar de case oitocentas vítimas mortais. A censura da época minimizou unha catástrofe onde a maioría dos corpos queimados non puideron ser identificados. Entre eles o de Alfonso Ortega.

 

Autores: Fco Xavier Redondo Abal y Pilar Ortega González.   Publicado en Santiago de Compostela por la Fundación Luis Tilve, 2007

 

http://pradaweb.blogspot.com/2010/06/alfonso-ortega-prada-memorias-de-un.html